Bota unha ollada as nosas novidades

Camiseta Vigo Verne

15,90€

Camiseta unisexTalles: S M L XL XXL

máis variacións

VIGO - Imaxe 1

VIGO

29,90€

Deseño inspirado nos suadoiros universitarios en cor branco-cinza

máis variacións

MORRIÑA

18,90€

Camiseta de manga curta Unisex - BrancaA morriña non se explica, séntese. É ese nó na gorxa cando estás lonxe da casa, esa emoción cando escoitas falar galego no estranxeiro, ese suspiro cando ulís a chuvia e ao mar.Esta camiseta rende homenaxe a un dos sentimentos máis profundos e universais de Galicia, cun deseño minimalista que di moito sen necesidade de adornos. Perfecta para os que levan Galicia no corazón, estean onde estean.

máis variacións

Bolso Miña Rula

24,90€

100% lona de algodón407 g/m²Non lavar en quenteNon utilizar secadora 
Suadoiro Bebamos Como Galegos - Imaxe 1

Suadoiro Bebamos Como Galegos

29,95€

Suadoiro Bebamos Como Galegos NegroSe vas brindar, faio con espírito galego! Este suadoiro unisex é un tributo á nosa maneira de celebrar: con viño do bo, polbo ben feito e moita retranca nas conversas. Quentiña, con moito rollo e ese aire de troula que só entendemos nós. Vístete con ela e celebra como se fose domingo en romaría!Se algo temos claro en Galicia, é que poucas cousas abrigan tanto como unha boa festa... e un suadoiro con retranca! Inspirada no espírito de “Vivamos como galegos”, esta peza de Lóstrego dálle unha volta ao conto e convírtese nunha declaración de intencións: bebemos, si... pero con estilo e con moito humor.Con deseño orixinal, é ideal para romarías con vento, furancheiros con alma de cantareiro, fans do licor café e todos aqueles que saben que a vida, como o viño, é mellor se se goza a grolos.

máis variacións

Viva Vigo Negro

29,90€

Deseño especial de Federico Fernàndez Alonso (Premio Nacional de Ilustración) para Morriña Shop 

máis variacións

Non vale Furar - Imaxe 1

Non vale Furar

18,90€

Camisola Non Vale Furar Negra. 100% algodónRecordas aqueles balóns Mikasa que parecían feitos de pedra? Pois imaxina tomar o teu café nesa mesma esencia noventeira. Esta cunca "Pakasa" é un tributo aos tempos nos que xogar ao fútbol era un deporte de risco e a frase máxica era “Non vale furar!”. Se o chute ía con forza de máis, había dous finais posibles: discusión ou fin de partido porque o dono da pelota collía o balón e dicía… Pakasa!O deseño transforma o logo mítico de Mikasa nunha versión chea de humor e morriña: “Pakasa, non vale furar”, perfecto para lembrar as finais épicas na praza coas porterías feitas con mochilas.Porque se xogaches con Mikasa, sabes de que vai. Esta camisola é para ti, que sobreviviches a balóns explosivos e a regras inventadas sobre a marcha. Ideal como agasallo para nostálxicos do fútbol rúa, ou como trofeo persoal ao espírito competitivo do recreo.

máis variacións

VIGO Black - Imaxe 1

VIGO Black

29,90€

Deseño inspirado nos suadoiros universitarios en cor negro

máis variacións

Descobre Morriña: O corazón de Vigo ao teu alcance

Xa estamos aquí! Somos a esencia viva da cultura galega transformada en souvenirs únicos. A nosa paixón pola cidade de Vigo e o noso amor pola retranca galega reflíctense en cada peza que ofrecemos. De tazas a bolsas de tela, camisetas e moito máis, en Morriña atoparás o regalo perfecto para ti ou os teus seres queridos. Cada produto é unha extensión do noso orgullo de ser galegos, e queremos compartir ese sentimento contigo. Tes algunha dúbida ou precisas máis información? Non dubides en contactarnos. Estamos aquí para axudarte.

Estilo e calidade en harmonía nas nosas camisetas e suadoiros

As nosas camisetas e suadoiros son máis que simples prendas. Representan a diversidade e riqueza da nosa cultura. Con deseños variados, hai algo para todos os gustos, desde o máis tradicional ata o máis moderno. Pero non só nos destacamos nos deseños, tamén na calidade. Usamos materiais de primeira para asegurar que cada peza te acompañe durante moito tempo, sen perder cor nin forma.

As nosas tazas son o regalo perfecto

Se eres fan dun café pola mañá ou dun té pola tarde, as nosas tazas son o acompañante perfecto para eses momentos de relax. Non só son prácticas, tamén son un regalo cheo de esencia galega, perfecto para sorprender a calquera. Cada taza é unha invitación a revivir a morriña e sentirse un pouco máis preto de Galicia, facéndoa un produto tan emotivo como útil. Tamén contamos con botellas para que podades transportar diferentes líquidos como auga, café... ao traballo ou á escola.

Envíos gratis a partir de 50 €

En Morriña agradecemos a túa elección de celebrar a cultura galega. Por iso, todas as túas compras superiores a 50€ disfrutan de envíos gratuítos. Leva un anaco de Galicia sen custos adicionais e desfruta da nosa esencia onde queiras.

Ver condicións

Resolvemos as túas dúbidas

Estás indeciso ou tes algunha pregunta sobre os nosos produtos? En Morriña estamos aquí para axudarte. Contacta connosco e resolveremos con pracer calquera dúbida que teñas, garantindo que a túa experiencia de compra sexa tan agradable como os nosos produtos.

Síguenos nas redes!

Queres axuda?

Chámanos ou escríbenos

Envío gratis en pedidos superiores a 50€*

consulta as condicións